Compartir
Título
Máis aló do prato: Analizando a dieta alimentaria na miña contorna : guía práctica
Autor
Facultad/Centro
Área de conocimiento
Datos de la obra
Simón Fernández, X., Quiroga, E., Pérez Neira, D., Montero, M., Copena Rodríguez, D., y Gómez, R. (2020). Máis aló do prato: Analizando a dieta alimentaria na miña contorna : guía práctica. Universidade de Vigo, Área de Normalización Lingüística.
Editor
Universidade de Vigo
Fecha
2020
Abstract
[GA] Despois da segunda guerra mundial, a economía mundial comezou
unha profunda transformación dirixida ao incremento desbocado da
produción, dos investimentos, do comercio internacional e do consumo
de recursos. Isto ocorreu a escala mundial, liderado polas compañías
multinacionais occidentais, europeas e norteamericanas, sobre todo.
España permaneceu á marxe desa dinámica ata a apertura da economía
española a partir dos anos sesenta. Nese momento, todos os ámbitos
da nosa vida comezaron a transformarse aceleradamente, a coñecida
modernización do transporte, dos servizos, do turismo, da enerxía e da
industria en xeral.
Non obstante, no caso español, a transformación profunda da agricultura
e do sistema agroalimentario acelerouse coa entrada na Unión Europea
en 1986. Comezou a «modernización» da comida, dos hábitos de
consumo e da produción de alimentos: cada vez maior especialización
nalgúns produtos; a dependencia cada vez maior do mercado
internacional; unhas dietas cada vez máis parecidas á da poboación
europea e americana; unha perda de variedades vexetais e animais;
unha perda de costumes alimentarios; e unha crecente industrialización
do campo e da alimentación, á vez que unha artificialización dos modelos
de produción e de consumo, e a expansión do monocultivo. No caso
galego, de forma retardada respecto á media española e europea, ese
proceso desembocou no abandono do medio rural, do medio agrario
e do sistema agrario tradicional. E, pouco a pouco, foi chegando á tan
«desexada» modernización agraria.
Materia
Palabras clave
URI
Versión del editor
https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/docs/nocampus/lingua/dina mizacion/Mais_ala_do_prato.pdf
Collections
- Monografías [259]
Files in this item
Nombre:
Tamaño:
4.384
xmlui.dri2xhtml.METS-1.0.size-megabytes
Formato:
Adobe PDF